Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Ana Miranda: “Que está por riba: a soberanía alimentar ou a soberanía enerxética?”

“É unha cuestión que nos preocupa moito”, afirmou a eurodeputada do BNG Ana Miranda no transcurso da presentación da conferencia organizada co seu homólogo do Partido Popular Europeo François-Xavier Bellamy. “Queremos denunciar o espolio eólico-mariño que se está facendo no noso sector pesqueiro”, sinalou antes de engadir que “o consideramos un ataque”. Ademais, lamentou que “non se tivo en conta a opinión do sector”.

“Que está por riba”, inquiriu, “a soberanía enerxética ou a soberanía alimentar?”. Miranda lembrou que a cadea mar-industria en Galicia representa arredor do 4,8% do PIB, cunha facturación de 12.000 millóns e arredor de 64.000 postos de traballo directos. “Representamos”, dixo, “máis do 10% da capacidade pesqueira da UE”.

“Este”, anunciou, é o principio dunha batalla que ten que librar o sector pesqueiro de todos os territorios europeos afectados para denunciar alto e claro que non poden seguir espoliando os nosos recursos”. l