Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Alfredo López, de Cemma: “Non pensamos que utilizamos o mar de prestado”

Alfredo López é un dos biólogos  que son parte da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), unha ONG fundada fai máis de 30 anos e que se debe ao mar. Dende 1999, despois de sete anos en activo, un dos seus labores máis importante é a responsabilidade sobre os varamentos da costa galega.

Os números deste ano comezan a ser preocupantes. López repara en que o habitual son as cifras doutras datas, como puido ser o 2021, que rematou cun total de 265 varamentos. O contador disparouse, chegando aos 730 no pasado ano e, no que vai deste 2024, xa se alcanzaron os 400.

Dende a organización non teñen moi claras as causas porque, como eles mesmos asumen, “aínda lles faltan datos”. Inflúen factores tan diversos como a subida da temperatura das augas, os plásticos ou os vertidos nocivos que se fan ao mar.

A especie máis afectada é o golfiño común, un mamífero que adoita viaxar en grupo e, cando se acerca ás costas de maneira indiviudal adoita ser por dous factores. Ben porque están enfermos ben porque entran a comer e marchan.

No último caso, o incremento de animais varados –fenómemo que é claramente crecente nas costas galegas– preocupa aos expertos, que explican que “se os animais están tan preto polo alimento é porque onde adoitaban ter comida xa non a teñen”.

Os golfiños comúns e as tartarugas son os máis afectados

Os números da ONG son realmente impactantes e o que máis lles preocupa é que non paran de medrar.

Falan de que nun día chegaron a recibir 22 alertas por varamentos que, na súa totalidade foron de golfiños comúns, a especie máis afectada.

Outro caso moi notorio é o das tartarugas, especie da que adoitaban ter tan só un exemplar ao ano. No que vai de 2024, xa foron 12 as que pasaron polas instalacións da Cemma. Neste caso o proceso de devolvelas ao mar é moi longo, porque “na primeira semana que están aquí, o seu corpo non deixa de expulsar plásticos e outros residuos”, explica Alfredo López

O mar é compartido

“Utilizamos o mar de forma prestada”, continúa López, que ten moi claro que nós somos terrestres, o mar non é o noso elemento, pero si o de moitos outros seres vivos dos que a sociedade non está concienciada.

O biólogo quéixase do descoñecemento. Recorda as escenas que, se un ten redes sociais tivo que ver, nas que os bañistas aproveitaron o varamento de animais para sacar fotos, incluso subindo os nenos ás súas costas.

Tamén cando un león mariño chegou á praia e as chamadas eran porque “o animal molestaba e os bañistas non podían poñer ás súas toallas na area”, resígnase López. Calquera que teña un sentido común mínimo sabe que estas actuacións non están ben pero, no plano maís práctico, a verdade é que a maioría non saberían que facer nesta situación.

Concienciación

Ninguén deixa o seu hábitat –entendido como elemento non como lugar xeográfico– por gusto, senón por necesidade. E, segundo López, é porque “o planeta cada vez vai a menos”. E iso é, en parte culpa de todos. “Compartimos o seu mais non o respectamos como deberiamos e, pouco a pouco estámolo a facer inhabitable.” di.

A ONG, a pesar de contar con 150 voluntarios só ten 5 profesionais. Tradúcese na súa capacidade de actuación, que é limitada, e vista nun plano númerico supon que “se houbera só 100 varamentos, poderían chegar a atender o 10%” e, actualmente, as costas galegas son, proporcionalmente, as máis afectadas de todo o sur de Europa.

“O primeiro paso é chamar ao 112, independentemente de se o animal está vivo ou morto”, comeza López que continúa explicando que, “en función da situación, vanse seguir diferentes liñas de actuación e, no caso de que o animal siga vivo, a persoa que está a chamar a emerxencias, pódese ver involucrada activamente no proceso de rescate”.