Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fene

O evento Degusta A Coruña debuta en Fene con parada no pósito de Barallobre

A Confradía de Barallobre "estreou" o primeiro evento de Degusta A Coruña, un congreso da Deputación da Coruña enmarcado na iniciativa "A provincia que sabe" que busca reivindicar a excelencia da cadea agroalimentaria e que se dirixe ao público especializado.

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, explicou ante os asistentes (entre os que se atopou a concelleira fenesa Ángeles Coira) a aposta do organismo provincial "pola gastronomía e a cadea de valor agroalimentaria, como primeiro produto turístico do noso escaparate”. O responsable da Deputación apuntou a quenos últimos anos a provincia "pasou de ser un territorio de boa comida a un territorio gastronómico, precisamente grazas ao traballo de todos os eslabóns desa cadea e ao de restauradores xoves que tratan o produto do mellor xeito e nos ofrecen experiencias gastronómicas de primeiro nivel”.

Angeles coira degusta (2)

Así pois, os participantes tiveron aoportunidade de coñecer de primeira man a cetaria e depuradora do pósito fenés, guiados polo seu presidente, Jorge López. Grazas á modernización das súas instalacións, destacan desde o organismo provincial, a Confraría ofrece ao público unha ampla gama de mariscos coa garantía de orixe e calidade certificada baixo a marca "Mariscos de Barallobre".

Pola súa banda, a presidenta da agrupación Marisqueiras a Pé, Rocío Carreiras, amosou o labor do colectivo, día a día, na extracción de bivalvos.

O programa completo do congreso pódese consultar na  páxina web.

Feira do Queixo

Noutra orde de cousas, o Consistorio de Moeche tomou parte a pasada fin de semana no salón internacional de Turismo Gastronómico Xantar, onde se presentou a séptima edición da Feira do Queixo.

Salon Turismo Xantar Feira do Queixo Moeche (3)