Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Volta ao pasado na primeira edición de "Cedeira Castrexa"

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Dende mañá e durante a fin de semana Cedeira celebrará a primeira feira de recreación histórica castrexa, unha cita que permitirá voltar a vista atrás e coñecer de primeira man unha parte da historia local.

En concreto, será no Paseo da Marina onde se instale un mercado cunha gran diversidade de postos de artesanía, eixo central desta convocatoria.

A zona do campamento “A Castronela”, que abrirá o sábado e o domingo en horario de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 22.00 horas, albergará exposicións de ferramentas e vestiario castrexo e actividades como obradoiros participativos, loitas e mesmo a recreación da vida nun castro.

Tamén estará habilitada os tres días do mercado (mañá venres en horario de tarde e o sábado e o domingo tanto de mañá como de tarde) a “Eira dos Nenos”, espazo orientado aos máis pequenos da casa, que poderán gozar de xogos tradicionais, así como dun “Rincón do retrato”, no que se poderán facer fotografías divertidas con complementos castrexos como escudos, cascos ou espadas de forma totalmente gratuíta.

A programación desta nova festividade inclúe pasarrúas musicais, desfiles de malabares ou animación teatral e espectáculos diversos como pirotecnia, trapecio ou acrobacias, que, repartidos ao longo dos tres días do mercado, tinguirán de tradición a vila.

O pistoletazo de saída será  mañá venres ás 18 da tarde na Praza da Marieta co pregón in­­au­­­­­gu­ral a cargo do alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, acompañado do tenente de alcalde, José Antonio Rodríguez Arribe

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620