Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

O sector forestal sostén 400 empregos nas Pontes, sétimo municipio na corta de madeira

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As instalacións da empresa Biomasa Forestal, no polígono de Penapurreira, acolleron esta semana a visita do alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, que acudiu na compaña da edila de Industria, Ana Pena, e de representantes das asociacións veciñais do municipio. O obxectivo deste encontro foi, precisamente, que os residentes puidesen coñecer a firma, líder no mercado español na fabricación e comercialización de biocombustibles sólidosprincipalmente pellets, para a que ten unha capacidade de produción dunhas 75.000 toneladas ao ano–.

A compañía, indicou o rexedor, “amosa as potencialidades do sector forestal como eixo dun novo paradigma de crecemento económico, xerador de emprego, centrado na sustentabilidade ambiental e na innovación”, aseverou Formoso.

Desde o Concello fixeron fincapé na importancia deste sector no tecido industrial do municipio. Neste sentido, recordaron que “sostén 400 postos de traballo non só a través de empresas de primeira transformación, senón tamén a través de firmas de segunda, con alto valor engadido, tales como Adera, Tojeiro Maderas, Galparquet, Contrachapados del Eume, Biomasa Forestal, Carpintería Maciñeira, Carpintería Madesa, Sepo Carpintería, Carpintería Francisco, así como empresas de servizos forestais como Desbroces Marcos Otero, Desbroces Carlos e os transportistas vinculados ao sector”, enumerou Formoso, que incidiu no feito de que, segundo os últimos datos publicados pola Xunta sobre a cadea madereira, As Pontes ocupa o sétimo lugar no ránking dos 20 concellos en cortas de madeira, con 260.000 toneladas no último ano, cifra que supón un 17% máis con respecto ao ano anterior. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620