Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

A proposta “Xogade coas motos” chega ás Pontes o próximo sábado

A actividade motociclista do programa Xogos Galegos Deportivos en idade escolar, –amparada pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Motociclismo– chega ao Circuíto Municipal de Karting das Pontes o sábado 31 en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Tódolos nenos e nenas que teñan entre 6 e 15 anos terán a posibilidade de “probar unha moto de competición por pimeira vez dentro dun marco seguro, guiados por monitores experimentados e de xeito completamente gratuíto”, explica o Concello.

As inscricións seguen abertas e pódense formalizar na páxina web www.xogadecoasmotos.com