Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Narón traballa xa nas diferentes propostas para conmemorar o Día Internacional da Muller

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As propostas de Narón para celebrar o Día Internacional da Muller –que se conmemora o 8 de marzo– centraron o último encontro do Consello Sectorial de Igualdade. Este estivo presidido pola edila responsable da área, María Lorenzo, e contou coa participación de concelleiros da corporación –Olga Ameneiro, edila de Participación Cidadá (TEGA); Olaia Ledo, voceira do BNG; Silvia de Arriba (PSOE) e Nuria Yáñez do PP– e representantes de oito entidades sociais e culturais da localidade –Asociación Sociocultural ASCM, Asociación Mulleres Ártabras, Affinor, Cogami, Acadar, AXF, Teima Down e Xebra–.

Na reunión, María Lorenzo anunciou aos presentes as propostas que se prevén levar a cabo dende o Concello para conmemorar o 8M. O mesmo fixeron, pola súa banda, algunhas das entidades, coa intención de colaborar co Consistorio na elaboración de programas durante todo o ano.

A edila agradeceu a súa participación, “co fin de compartir iniciativas e continuar coa vía de colaboración que se mantén con elas na cidade para desenvolver diferentes eventos”. Neste sentido, a concelleira remarcou o labor dos diferentes colectivos sociais e culturais de Narón, “indispensable para ofrecer servizos e actividades moi específicas”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620