
A pista polideportiva de Nogueirosa albergou esta fin de semana a Festa das Parroquias de Pontedeume, unha iniciativa impulsada polo Concello –que cada ano leva a cabo en cada un dos lugares–na que tamén se implican empresas e establecementos da localidade, así como as entidades veciñais.
Música, gastronomía e confraternización protagonizaron a xornada, que o próximo ano se trasladará a Centroña.