Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

O convento de Santo Agostiño de Pontedeume acolleu a conmemoración do primeiro discurso en galego

As instalacións do convento eumés de Santo Agostiño acolleu onte un acto de conmemoración do que foi o primeiro discurso en galego, pronunciado en Pontedeume por Galo Salinas en 1981.

A cita, impulsada polo Ateneo Fernán Martís e Galiza Cultura, coa colaboración do Concello eumés e da Deputación, contou coa participación da cineasta e escritora Margarita Ledo, da cantora lírica Ana Belén Manteiga –acompañada ao piano por José de Paz–, do actor e monologuista Quico Cadaval, así como do presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo.

A ambientación musical do evento veu tamén da man da intervención da banda Charamela.