Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Campaña comarcal do BNG por un transporte público de calidade en Ferrolterra, Eume e Ortegal

beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O transporte público de viaxeiros por estrada nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal esmorece. Perante dita situación, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) poñerá en marcha unha campaña –a través da presentación de mocións nos Concellos e tamén de iniciativas na Cámara galega– co obxectivo de reclamarlle á Xunta unha solución urxente ao actual sistema, que califican de “deficitario”.

“É preciso poñer enriba da mesa unha problemática que non é nova, que vén de vello”, apuntou o rexedor de San Sadurniño, Secundino García, que acusou ao executivo galego de mentir á cidadanía. “Mediaticamente estase a vender, día si e día tamén, por parte da Xunta, a gratuidade do transporte para os menores de 21 anos, cando unha grande parte dos mozos e mozas deste país non teñen esa gratuidade porque precisamente non teñen ese transporte”, apuntou.

O alcalde sadurniñense incidiu en que os problemas de mobilidade afectan á vida cotiá das persoas, fundamentalmente aquelas que cursan estudos postobligatorios, mais tamén a traballadores, xa que “os institutos, os centros de FP ou os servizos se atopan nas cabeceiras de comarca”. Todo isto orixina, lamenta García, “unha desvertebración da comarca, que nun amplo espazo xeográfico está a perder poboación precisamente por cuestións como esta”.

Desde o BNG sosteñen que a Xunta “mira para outro lado”, acordando “convenios bilaterais cos Concellos”, cargándoos cunha competencia que non é súa e facéndolles “chantaxes”. Remarcan, ademais, que o transporte é un “dereito fundamental e básico”, tal e como lembrou o portavoz en Ferrol, Iván Rivas.

“A responsabilidade é única da Xunta de Galiza, tanto no que ten que ver co transporte discrecional, co escolar ou co metropolitano”, apuntou Rivas, esixindo á Dirección Xeral de Mobilidade a volta “de inmediato” ao modelo no que os servizos escolar e discrecional son diferentes.

“Estamos a ver as consecuencias desa fusión do PP, censurada por certo pola UE. O transporte está cada vez máis precarizado (...)”. Reclaman, pois, un reforzo das liñas e critican as declaracións nas que a Xunta afirmou que os picos de demanda se solucionarían con listas de espera.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620