Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

A ASCM e Saúde Mental amosan nunha exposición en Narón parte do seu traballo

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acolle ata o 30 deste mes dúas exposicións artísticas cedidas pola Asociación Sociocultural ASCM e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. A concelleira responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, Mercedes Taibo, recordou que as mostras forman parte dos actos conmemorativos do Día dos Dereitos Humanos e animou á cidadanía a achegarse a velas antes de finais de ano.

“Camiño da inclusión” é a exposición cedida pola ASCM, que está integrada por unha vintena de imaxes sobre a peregrinación que realizaron en cadeira de rodas membros da entidade polo Camiño Inglés, dende Ferrol ata Santiago de Compostela.

En canto á mostra cedida por Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, está composta por varias pezas artísticas feitas nos obradoiros ocupacionais da entidade. Cadros pintados a man, roupa feita a ganchillo e calceta, manualidades, entre outras, forman parte desta mesma.

Taibo agradeceu “ás asociacións a cesión destas mostras para que poidan chegar a todas as persoas interesadas” ao tempo que amosan as súas actividades”.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara