Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cedeira

Cedeira remata as obras de integración paisaxística nos xardíns do palacete municipal

Cedeira vén de rematar as obras de mellora e integración paisaxística dos xardíns do Palacete, o edificio que alberga a oficina de turismo e a exposición permanente da Colección Rafael Usero.

O Concello investiu preto de 45.000 euros nestes traballos, financiados polo Fondo de Compensación Ambiental, cos que “se configurou un renovado e agradable espazo público con novo céspede, arbustos e árbores”. A intervención tamén supuxo a instalación dun sistema de rego e a colocación dunha malla antiherbas e corteza de pino, así como a colocación de tepe en parte dos xardíns e un bordillo de adoquín de cemento para separar o linde entre macizos e céspede. Ademais, conserváronse aquelas árbores que estaban en bo estado.

O rexedor, Pablo Moreda, destacou que esta actuación supón abrir un novo espazo para que a cidadanía, e tamén os visitantes que acoden ao Palacete na procura de información, gocen dunha zona “tranquila e 

coidada”.

Programa de fomento da investigación

Noutra orde de cousas, Cedeira acolleu esta semana a primeira mesa de traballo do proxecto “Coidamos Cedeira”, un programa de impulso á investigación medioambiental enfocado ao ámbito universitario impulsado polo Concello coa financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura –a través do GALP A Mariña-Ortegal–.

A iniciativa céntrase na conservación dos recursos, así como na mellora da calidade ambiental da zona costeira, a través dunha serie de accións que se levarán a cabo ata o ano 2026.

Mesa de traballo programa de impulso u00e1 investigaciu00f3n medioambiental en Cedeira 2