Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cariño

Comeza o "Cine na rúa" que ofrece esta fin de semana o Concello de Cariño

O Concello de Cariño, coa colaboración da Deputación, organiza unha fin de semana cargada de películas ao aire libre co ciclo “Cine na rúa”, que se estreará esta noite na Praza da Pulida. Ás 22.30 horas dará comezo a proxección de “Wonka”, unha precuela da popular “Charlie y la fábrica de chocolate”.

O sábado, á mesma hora e no mesmo escenario, como en todos os casos, será a quenda da película “Campeonex”, secuela da comedia “Campeones”, na que o equipo protagonista da primeira produción pásase ao mundo do atletismo. A programación rematará o domingo coa película “Pérez 2”, na que o fantástico rato que se ocupa dos dentes de leite cae en mans dun empresario.