Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cabanas

As persoas interesadas en participar no club de lectura de Cabanas aínda poden anotarse

Todos os últimos venres de cada mes, ás 17.00 horas, reúnese o club de lectura do Concello de Cabanas na Casa da Cultura ou Escola Laica.

Estas sesións diríxense a persoas con inquedanzas culturais e vontade de ler, que ademais queiran compartir as súas opinións sobre os textos. As persoas interesadas en sumarse ao grupo, cuxa última proposta deste mes foi “Os afogados” do mugardés Pablo J. Rañales, poden enviar un correo a cultura@cabanas.gal.