Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
As Pontes

As Pontes volve dar a benvida ao cine con sesións adaptadas

O público neurodiverso continuará coa posibilidade de disfrutar de proxeccións adaptadas, que terán lugar na Casa Dopeso, As Pontes, durante todas as fins de semana de outubro. Esta iniciativa, que se leva desenvolvendo dende 2017, comezará esta tarde de sábado, ás 17.00 horas, co título “Gru 4, mi villano favorito”.

Despois, “Romper el círculo” dará continuidade para o público adulto, con pases ás 19.30 e 22.00, ademais doutro o domingo, ás 19.30. As películas da vindeira semana serán "Buffalo Kids" e "Volveréis", tamén con varias proxeccións de cada unha.