Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Capela

Chega á Capela a XII edición de Etnoeume, a feira que pon de relevo a tradición galega

Este domingo 15 de xuño celébrase a XII edición de Etnoeume en O Pazo (A Capela), feria de carácter histórico impulsada e organizada polo Museo Etnográfico da Capela.

Consistirá nun mercado no que se poderán atopar produtos da terra, antigüidades, artigos de segunda man e artesanía moderna, nun horario que abrangue de 11:00 a 20:00 horas.

Ademais, o programa inclúe actividades distribuídas ao longo do día, como obradoiros, xogos populares, desafíos, sorteos e demostracións de artesanía ao vivo de oficios antigos como canteiría, cestería, ferreiría, zoqueiría ou zahorís e estarán presentes as fiandeiras da Asociación “Cabanas Rural”, así como a “Asociación Virutas” e “Amigos da madeira”, que realizarán mostras de talla e torneado de madeira.

Tamén haberá un xantar popular no que colaborará a Pulpería de Camariñas e se poderá desgustar polbo, churrasco, empanada e máis platos típicos da cociña tradicional galega.

Os agrupacións musicais encargadas de animar a velada serán “Vai Rañala Meu!” e “Os Netos do Escribano”.

A primeira é unha banda formada por dúas gaitas, clarinete, acordeón, pandeireta, tambor e bombo. Conta con 13 anos de vida dende a súa fundación no ano 2012 en Narón. Os seus obxectivos, e polo tanto o centro da súa actividade, está na protección da música tradicional e o patrimonio cultural galego.

“Os Netos do Escribano” é unha agrupación de orixe ortigueiresa que se autodefinen como “un grupo de amigos afines ao folclore galego”.

A asociación “Brincadeira” estará presente de 16:00 a 20:00 horas con deporte rural, xogos populares e exposicións de obxectos antigos.

Este evento exalta e recrea a vida rural, polo que os  seus asistentes adoitan asistir con traxes de época para así facer máis inmersiva a súa experiencia.