O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera, asegurou hoxe, en referencia ao anuncio do alcalde de Ferrol de acudir á manifestación comarcal do domingo, que \“non se pode estar en misa e repicando\”.
O deputado nacionalista reuniuse esta mañá na Casa Solidaria de Ferrol cos delegados da industria auxiliar para abordar a \“tráxica situación\” que está a vivir neste momento, con 2.000 traballadores menos no estaleiro ferrolán que hai 16 meses. \“Hai responsables\”, dixo Jorquera, \“e hai que sinalalos. Teñen que deixar de enganar aos ferroláns\”.
O voceiro parlamentar do Bloque denunciou tamén a actitude dos deputados do PP no Congreso e no Hórreo por \“votar en contra da enmendas que pedían financiamento para o dique\” e intensificar as xestións para poñerlle fin ao veto á construción naval civil.






















