Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Nenos e nenas, fagan xogo!

Dende hai tempo temos asumido que vivimos nunha sociedade de consumo e de libre mercado onde todo ten un prezo. Todo  cómprase e véndese, e todo significa todo na máxima acepción da palabra. A publicidade, o que agora chamamos marketing  ten importante incidencia nos hábitos da cidadanía á hora de entrar de cheo no consumo. Se reparamos un pouco nos anuncios que nos ofrecen de cotío as canles de TV e rádio , axíña nos decataremos de por onde van os tiros, uns tiros que non son de fogueo precisamente e que fan diana esencialmente na xente nova, nos rapaces e rapazas cuxos ídolos préstanse a colaborar en  promocionar hábitos pouco recomendables.  Refírome concretamente ás apostas.
Si, claro, poderán dicirme que eses anuncios están dirixidos aos adultos, pero curiosamente proliferan nas retransmisión de eventos deportivos  seguidos por moita xente nova. Non é casualidade  que os protagonistas desas campañas sexan deportistas de éxito, eses que os nenos e nenas ven como exemplos a seguir. As empresas de apostas o saben e saben tamén que todos temos un prezo, así que se van a por Ronaldo, Neymar,  Messi, etc , para que nos digan o estupendo que é apostar e  gañar, porque no guión do anuncio os ídolos apostantes gañan sempre. 
Xa hai tempo que na televisión e na radio se suprimiron os anuncios que inducian a adquirir malos hábitos. Por exemplo xa non hai publicidade de bebidas alcoholicas nin tabaco, duas costumes que formaban parte moi importante dentro das relacións sociais, pois non se concebía unha reunión de amigos sen alcohol nin tabaco. Lembren tamén aquel anuncio dunha bebida que dician reconstituinte chamada “Kinito” especialmente dirixida aos nenos  e que viña  ser un elemento de creación  de futuros bebedores. Os nenos e as nenas son o obxectcivo primordial do marketing, son futuros consumidores moitos deles compulsivos que agora se converteron na diana das empresas de apostas polo fácil que resulta xogar dende o teléfono móbil. 
Recordo perfectamente cando instaláronse nos bares as máquinas tragaperras onde algúns clientes depositaban  o cambio da consumición. Ata ahí todo más ou menos normal, pero había outros que deixaban na máquina a paga do mes, orixinando a ruína de moitas familias. A ludopatía converteuse dende hai moito nunha patoloxía, nunha enfermidade de dificil cura. Hoxe xa hai nenos e nenas que se deixan os cartos nas apostas a través do teléfono móbil: son ludópatas en potencia aos que nun futuro próximo haberá que tratar. Neste caso non aplicamos esa máxima que recomenda previr denantes que curar. Lembrar que aquel que xoga por necesidade, perde por obrigación.
Creo que nalgúns aspectos da vida é recomendable ser intervencionista, como xa sucedeu nun momento determinado coa publicidade das bebidas alcoholicas e o tabaco na TV, e regular, o no seu caso anular, as promocións perniciosas. 
Hoxe apóstase por case todo. É incrible: podes estar apostando nun partido de fútbol, dende o telefono, polo minuto en que se vai lesionar un determinado xogador o se vai meter un gol coa zurda ou coa dereita. Habería que regular con rigor esta publicidade, habería que andar con moito coidado con isto porque de non ser así vamos no camiño de transformar a nosa sociedade nunha comunidade de tahures que convertirán a casualidade do trascorrer da vida, xa o están a facer, nun campo minado cheo de posibilidades para apostar. Eu non quixera isto para os meus netos.