GRACIABLE
Que se pode otorgar graciosamente, sin suxección a precepto, lei, norma ou regulamento”. É a definición máis común atopada en distintos medios para o termo graciable, incluida a dos diccionarios das Reais Academias española e galega. É decir, un favor, un beneficio, un don ou concesión gratuita, non un dereito subxectivo ó que se poida acoller a cidadanía.
Esa é a situación na que se atopa a familia do menor ourensán que precisa dun costoso tratamento hormonal para o seu crecemento e que non cubría o Sergas. A intercesión da Casa Real ante as consellerías de Sanidade, Traballo e Benestar da Xunta de Galicia permite agora a gracia, a inmediata resposta do acceso á medicación.
Sen dúbidas boa nova, unha ledicia e un respiro para o neno e os seus familiares, máis tamén un aviso de onde estamos chegando para garantizar o noso benestar nun Estado que se di social e democrático de dereito.
