RESISTIRÉ
Mentiría se dixese que seguín atentamente o debate no Congreso. Vin cousas. E a práctica totalidade do que escoitei soábame a tan coñecido e rancio que me trouxo á cabeza o popular tema do Dúo Dinámico “Resistiré”, letra de Carlos Toro. Aquilo de que Cuando pierda / todas las partidas /cuando cueste mantenerme en pie /cuando el diablo / pase la factura / o si alguna vez me faltas tu / Resistiré / para seguir viviendo / soportaré los golpes y jamás me rendiré / aunque los vientos de la vida soplen fuerte / soy como el junco que se dobla / pero siempre / Resistiré... era o que saía pola boca de quen, despois de tantísima desfeita (e con Felipe González, un pioneiro da mesma, falando excátedra, cando algúns dos seus escudeiros seguen de deputados trinta e algo de anos despois) quere seguir no machito. É obvio que, pase o que pasar, eles van intentar resistir para seguir vivindo. Moi ben. Os líderes de PP, PSOE ou CiU xa nos dixeron todo o que teñen que dicir máis de mil veces ó longo destas décadas.
