DESPOIS
Odía despois non me colleu co paso cambiado. Malia a desfeita electoral (para mín, inxenuo como para acreditar nos paxariños preñados, e que o capitalismo selvaxe que paira riba nosa precisa dun stop e unha tarxeta vermella) seguirei onde estaba. Isto é: negador dunha Europa raptada por uns mercados voraces que impoñen a súa lei, partidario da cultura, non sei se panacea mais o máis veciño a ela, para todos, convencido de que ningunha relixión ha ter patente de corso que lle permita prebendas dun estado laico. Podería seguir, pero eu escribo columnas, non manifestos.
No interín direi que o domingo cheguei a casa procedente da última película de Polanski, consultei en internet o caso melancólico do Racing, e logo, coas radios e a televisión ben desconectadas, din en escoitar “La verbena de la Paloma” e “La revoltosa”. Mais que nada por me poñer en situación. Porque, francamente, prefiro cousas máis estimulantes que as proclamas de Ferraz ou o balcón de Génova. Como escoitar zarzuela.
Eu non penso que se nos veña enriba, con estrondo, a España cañí que os agoireiros pronostican. E non o fará porque xa a tíñamos entre nós. É o que hai e as urnas confirmaron o consabido. Ora, non sexamos parvos, as cousas non se fixeron ben por parte de quen mandaran ata o 20-N. A proba está en que o PSOE tivera de volver cantar o “¡Ay, Felipe de mi alma!” de “La Revoltosa”. Eles si que andaban co paso cambiado.