Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

O PP gañou as eleccións estatais coa maioría absoluta (187 sobre 350, rendibilizando a lei D´Hondt cun 53,4% dos escanos con só o 44,4% dos votos) máis importante da súa historia . Pola súa banda o PSOE baixa catro millóns de votos (do 43,87% ao 28,7%) e,con 110 escanos,obtén o peor resultado da súa historia dende 1936. Semella que Rubalcaba non dirixirá o PSOE, amosándose probábel que Carme Chacon suceda a ZP como líder, malia perder o campionato en Catalunya a prol de CiU, que con 16 deputados (tiña 10) gañou, por primeira vez, na súa historia,as eleccións estatais na Catalunya.

Revalidaría o PP a maioría autonómica un ano? Dependerá da evolución da crise e da capacidade de PSdeG e BNG

O PP gañou en todas as autonomías, agás en Euskadi (4ª) e Catalunya (3ª),países onde creceu de xeito máis discreto,a pesares dalgúns prognósticos recentes . En Euskadi Amaiur (7 deputados) foi primeira forza fronte ao segundo posto do PNV (5 deputados). A posibilidade dun lehendakari abertzale logo das eleccións vascas do 2013 abrolla cara ao futuro.

Onde foron eses catro millóns de votos-de 11 a 7- que perdeu o PSOE? Nun 15-20% quizais ao PP, que medra pouco en comparanza con esa baixa. En grande parte van a EU (dun só escano subiu a 11), UPD (dun escano a 5), CiU en Catalunya, Compromís en Valencia e, quizais nunha boa parte á abstención.

Os resultados no noso País foron os prognosticados nas enquisas.O PP sobe do 43,6% a rentes do 52% obtendo 15 escanos (un máis por provincia a custa do PSdeG que perde os mesmos, baixando do 40,6% ao 27,9%), mentres o BNG mantén a súa representación, aínda baixando un ponto porcentual. Onde van os 12,7 pontos perdidos polo PSOE? EU gañou tres (do 1,3 ao 4,3%) e o voto en branco e nulo acadou o 3,4% (estaba no 1,7%). Mais o resto foi cara o PP. Mentres no resto do Estado o PP non se beneficiou grandemente do default socialista no noso País si. O BNG salvou a representación, mais perdeu unha oportunidade única de acadar grupo parlamentar e converterse no grande beneficiario da derrota socialista, como si acadara no 2000 cando obtivo tres deputados.

Revalidaría hoxe o PP a maioría absoluta autonómica? É evidente. E dentro dun ano? Dependerá da evolución da crise e da capacidade de socialistas e nacionalistas para atopar bos cabezaleiros. Polo PSdeG, evidentemente,Pepe Blanco está xa desbotado.