Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

O certo é que Ferrol é un caos. O equipo de Rey Varela foi incapaz de xestionar o día a día desta cidade. Moitas das obras que agora “adornan” estas datas tiñan que estar feitas no 2012, de aí proceden eses remanentes de tesouraría que tanto orgullo lles producen. Os prazos incúmprense sistematicamente; aínda me acordo das promesas aos comerciantes do Mercado Central e arredores cando hai un ano vían, como agora, perigar a campaña de Nadal. Das fochas é mellor non falar, algunhas rúas de Ferrol parecen unha pista de carreiras de obstáculos. A ambición convértense en decoración. Así, abrir Ferrol ao mar queda reducido a gastarse un millón de euros nun ascensor. Para decatarse de que a calidade e a estética dos traballos tamén se resenten non fai falta máis que darse unha volta pola rúa do Sol…; en fin, o señor Tellado leva demasiados anos liberado como publicista do PP e confunde a realidade cunha campaña electoral.