Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A ti, que camiñas após a cristaleira. Si, a ti que vés loitando polo salario acubillada nese campamento no Cantón. A ti, que desde os 80 te enfrontaches á reconversión naval, que non te rendes, que nestes días non vas ter alegría no teu fogar asfixiado pola miseria;  a ti, meu,  que estás emigrado... a ti,  que nunca lerás estas liñas, deséxovos  boas festas...
E afogo o meu desacougo, nun remanso do meu camiñar, sentado nalgures da corredoira que me leva cara á Arnela,  neste curruncho que me permite escoitar, abraiado, o mar de fondo e ollar o romper das ondas contra a barra...  E, agardando que o mundo mellore, regreso cara o algures que alguén deu en chamar Mañente, unha vez que o eco do rechouchío dos carrizos, a brincar entre as espiñas que asoman chorima, se mestura coa grisalla da ría... Na  chaminé o fume brinca ora co nordés, ora co vendaval. O solpor esváese tras o Pico da Frouxeira.