Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

LICENCIADOS PARA SERVIR

Cada día aparece unha área á cal hai que aplicarlle unha poda. Se os recortes orzamentarios veñen dados polo número de ministerios ou consellerías correspondentes, a educación e a investigación deben ser intocables sempre, antes ben, tería que ser obrigatorio que se incrementase o investimento, porque é o que determinará que o Reino ou o territorio galaico sente as bases do seu futuro. Pero propor detraer partidas para a instrución publica é outra broma del mal gusto, xa que, de feito, nunca foi no que máis de investiu.

Os que pasamos pola EXB estivemos en cursos onde a demografía obrigaba a ter até catro grupos con trinta ou máis alumnos, nos últimos tempos había só un grupo por curso cunha ducia de pupilos. Como os galegos imos camiño da extinción, só queda recuperar as escolas unitarias para educar en manda durante a primaria, porque na secundaria xa marcharán para outros destinos a buscar a vida.

Xeracións enteiras estudaron e aprenderon sen ordenadores nin encerados electrónicos, apenas un simple xiz bastaba. Os tempos cambiaron, pero non é necesario que todo se aprenda online, aínda que esperemos que os mestres non teñan que escribir no ar para non gastar en papel nin en encerados e os exames sexan orais en exclusiva pola austeridade da tinta chinesa.

Xa que se fala dunha xeración perdida que custou moitos diñeiro formala, imos desfacernos doutra, a enésima, pero polo menos que nos saia máis barata. Como é posible que se cre unha comisión para analizar por onde se pode recortar máis en educación, gratuitamente voulles adiantar o camiño. A partir de agora os números deixarán de ser infinitos e dividiranse en dous grupos: un até mil, para que se saiba sobrevivir cunha nómina, e outro até cen mil, para utilizar no sistema sanitario. A táboa periódica dos elementos químicos so quedará reducida a osíxeno, para respirar; prata e ouro, para compra venda; e cloro, para desinfectar, o resto sobra, quen queira utilizalos terá que aboar un copago cultural.

A literatura e gramática quedarán reducidas as aplicacións máis normais, como ola ou adeus, que xa serven para aprender algo de Rosalía de Castro, porque a letra pequena ninguén a le, e o inglés con aprender insert coin, game over e control alt supr serán máis que suficientes e en nivel avanzado simplemente coñecer onde está o botón power. En Xeografía haberá que recuperar a URSS e chamarlle a todos aqueles países ex soviéticos; e en Historia, con chegar a idade de pedra é máis que suficiente. De actividade física e deportiva, nada de nada, con recreos de dúas horas cos cativos correndo por aí xa fan exercicio de sobra ou,, se non que vaian camiñando até o centro escolar, que entón practicarán sendeirismo.

Isto faime recordar a novela da barraca, de Blasco Ibáñez, cando mestre pensaba que para o futuro que tiñan aqueles rapaces non necesitaban aprender máis. Dá mendo pensar como saíra ao mundo futuro a nova xeración vítima dos recortes na educación e na investigación. Sobran universitarios, pero piden licenciados os contratadores, é que un barman con titulación superior incrementa o prezo do clarete, así as cartas dos restaurantes terán sobreprezo se os pratos son servidos por enxeñeiros.