Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Son tantas as cousas que o país heleno aportou á Humanidade, que case non se pode entender a civilización europea sen a súa importante contribución na Filosofía, na Oratoria, na Arquitectura e en xeral, en todas as artes e as letras, sen esquecer o deporte, do que herdamos as Olimpíadas. Agora, a nomes tan ilustres como Platón, Sócrates, Demóstenes, Eurípides e Homero, por citar algúns dos máis coñecidos, teremos que engadir os de Syriza, Tsipras e Varufakis, que están tentando cambiar as mentalidades economicistas dos que só pensan en gañar cartos sen preocuparse do benestar da xente. Coido que a señora Merkel e compañía, afeitos a negociar cos “calzonazos” que todo o dan por ben feito, van ter agora uns contrincantes da súa talla, que os poden poñer no dilema de ceder ou afundir a Grecia, cousa que significaría tamén o fracaso da “Unión Europea”. Porque unha Europa sen Grecia xa non sería a mesma. E se Grecia resiste sen Europa, podería servir de exemplo.