COMUNIÓNS
Paso por “El Encanto” (denominación común a esta caste de establecementos, adicados á moda infantil) de Majadahonda, mercar un pixama para recén. E quedo falando un pedazo coa dependenta sobre os traxes de primeira comunión expostos no escaparate.
Dime que a crise toca tamén esta parcela, pero non tanto como cabería pensar. E é que para semellante celebración a xente non é forriche de máis. Sorpresa: o traxe máis caro, entre a parafernalia de mariñeiros, almirantes (con distintivos da arma de aviación), “noivas” e similares, é unha vestimenta de cor gris, por máis que se me aclare que de liño.
E eu lembreille á dependenta como na miña época as categorías, por orde de prezo, eran as seguintes: mariñeiro, traxe gris, precisamente, e roupa de a diario. Podía haber, desde logo, algún almirante, mais iso xa se pensaba chocalleiro de máis. Os prezos daquela vai ti saber.
Aos cativos ninguén nos contaba estas cousas, á parte de que no meu caso o traxe de mariñeiro, que tanto me pesaría no cuartel de nstrucción, viña do comercio familiar. Hoxe custan un “congo”. Douscentos cincuenta, trescentos euros e por aí seguido. O que non vin desta volta foi o traxe de garda civil que tanta graza me fixera cando o vira portado por un neno de aqueles anos. Un rapaz, fillo do “corpo”, así vestido para a primeira comunión. Que ademais tiña bigote. Pelusiña riba do beizo superior quero dicir. Naturalmente
