Respecto
Este é un pobo educado. Temos unha cidadanía especialmente “civilizada”, está demostrándoo todos os días no modo que enfronta as agresións que está soportando sobre os seus dereitos e necesidades. Ultimamente escoitamos a miúdo a palabra respecto. Son moitos os protagonistas que se empeñan en esixilo para as institucións, o goberno ou os poderes financeiros.
Pero o respecto ten as súas regras, non se pode pedir o que non se dá. O respecto non é silencio, temos a obrigación moral de non permanecer mudos nesta situación. A liberdade, a democracia, é un exercicio de responsabilidade persoal e colectiva non unha escola de palmeros fronte ao circo que nos toca vivir. O respecto pasa en ocasións por responder á orde establecida en base a uns parámetros inxustos. O respecto empeza por un mesmo, o respecto, compañeiros, nestes tempos hai que gañalo en cada situación… é o momento de mostrar dignidade.
