Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Falo con xente nova de Quevedo. Mais non do autor de “El Buscón” ou “Los sueños”. Desta volta pretendo pescudar se aínda rula por aí Quevedo o dos chistes. Tan popular nos anos cincuenta. O dos chistes porcalláns e escatolóxicos. A versión excrementicia, marrón xa que logo, do Jaimito aquel das paveradas de compoñente sexual, humor verde, polo tanto. Os rapaces dinme que para nada.

Que saben de Jamito, pero que o tal Quevedo se lles sona de algo e polo soneto que di “Érase un hombre a una nariz pegado…”, por máis que cismen, tópico aí chantado, que o fuciñudo do poema é Góngora, cando se trata dun crego anónimo que se cruzara no camiño do coxo xenial. Mais o Quevedo dos chistes porcos desapareceu do mapa. A mín os chistes aqueles non me producían senón noxo. (Aos de Jaimito tampouco lles vin nunca a graza, pois eran unha visión cotrosa do sexo, unha imaxe casposa e cutre, definitivamente nada erótica.)

Certo que a criación do falso Quevedo tiña que ver coa personalidade contradictoria do verdadeiro. Autor do mellor poema de amor, talvez, da lingua española: “Cerrar podrá mis ojos la postrera…”, pero tamén de “Gracias y desgracias del ojo del culo”. Pídenme os rapaces un chiste de Quevedo. E conto aquel do nachiño que viaxando en tren precisa defecar e vai e bota o tafanario pola fiestra. Co que unha dona italiana que o ve berra: “¿Che vedo?” E o home ceiba ufano: “¡Hasta por el culo me conocen!”. Por exemplo.