DEREITOS, POUCOS EN 1812
Os políticos asentados na rúa de san Xerónimo estiveron estes días envoltos en haber que expresaba mellores parabéns a Constitución de 1812. Tratouse dunha competición a ver quen era o que se lucía cos epítetos máis excelso para o documento liberal. Até promoveron un concurso de quen buscaba o mellor artigo para defender ese documento. Chamoume a atención que ninguén dos próceres de patria reparase no artigo que priva aos serventes domésticos de calquera dereito constitucional. Pero claro ao falar ben non se deben sacar á luz eses preceptos tan sui generis, como o de manter á escravitude. Isto non deixaría de ser unha punto negro que convén obviar, como tamén se votou en falta que o colectivo feminista non fixese mención á ausencia dunha simple mención aos dereitos da muller, aínda que fose unha reflexión sobre os avances logrados en douscentos anos.
A eurodiputada do BNG en Estrasburgo sería unha gran relatora da polémica, polo menos é o único que se coñece da súa actividade na Cámara europea: promover que se fale de homes e mulleres, cando os problemas galaicos son outros e esquece que a sociedade galaica é maioritariamente matriarcal, qué máis se pode pedir?, en Galicia as mulleres sempre foros as donas e amas de vida familiar e social desde os século XIX, cando pasaron a ser viúvas de vivos e tiveron que loitar por sacar adiante ás familas. Cada núcleo familiar galego valora o sacrificio de nais e avoas, sen ter que chamarlle flexionando o feminino das palabras até o extremo de flexionar ás arbores até renovar algunhas como “limoeira”.
Dadas as circunstancias da xénese da Constitución de Cádiz, chamada polos españois, na súa teima de facer chistes fáciles, como “A Pepa”, apareceu a figura do deputado suplente. Este elemento viña sendo un natural de calquera que por azares da vida estaba en Cádiz e ante a ausencia da correspondente señoría da provincia actuaba como substituto do titular. Por exemplo, o coruñés que tiña que estar en Cádiz non podía asistir porque os próceres da Constitución buscaban a un galaico entre os gaditanos que tivera relación coa rexión. Así un contramestre enrolado nunha fragata da Armada fondeada na cidade convertíase en señoría doutorado en problemas da terra. Así chegaron a difundirse desde o púlpito parlamentario máis dun disparate nas sesións que tiñan como Galicia o asunto central pero do que o suplente non tiña o mínimo coñecemento. Moitos deles non tiveron reparos a sacar os cabalos da carruaxe de Fernando VII para tirar do carro eles menos e gritar que vivan as cadeas. Seguro que un augar galego había na tracción da calesa.
Este sistema do deputado suplente persiste na actualidade. Non hai que ver máis que as resolución que se votan hoxe no Congreso moitas veces son translacións a Galicia dun asunto que para os conxéneres galaicos no deixan de ser votacións maioritarias, nas cales os BNG, cando está, di algo que fica no diario de sesións esmagado polos galaicos do PP e do PSOE, que sacan adiante a iniciativa polo ben común de España, que se reduce a melloras para Andalucía ou calquera outra comunidade, só coñecida polos transportitas da terra que transitan por alí. En época de austeridade, hai que recuperar a figura do deputado suplente, porque moitos dos que están alá, ademais de ir aos cafés cantantes non se lle coñece outra actividade no libro de sesións. Os que están no Sendo, eses xa escusan ir.
