Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

“LA FIESTA TERMINÓ...”

Fíxose esperar pouco a revolta que comeza a cociñarse nos fogares máis ultraconservadores da Igrexa contra o papa Francisco. A iniciativa de esta chamada de atención ao Papa parte precisamente de España. ¿De onde senón? Tiña que vir da reserva das esencias católicas de occidente, da defensora de Trento e conquistadora de medio mundo. Unha das dúas Españas citadas por Antonio Machado. Porque o abaixamento de Francisco ata axionllarse para lavar os pés, e non a membros da Curia que o necesitan, máis que para os pés para a cabeza e a conciencia, senón a persoas sen categoria social, incluso mulleres e encima novas, unha delas musulmá, non pode ser considerarado máis que intolerable e escandaloso.
Xesto, ademais, que por ser do Papa que marca así o comezo da súa misión, débese entender que leva asociado a revisión ou supresión da barreira entre laicos e ordenados, a cancelación da división entre mulleres e homes e a toma en serio do diálogo coas outras relixións. Demasiado matute para ser dixerido por católicos a machamartelo e con formación pouco máis que do catecismo de Astete. Son os mesmos que rechazaron o Concilio Vaticano II aferrándose a “santa doutrina tridentina”.
Non o vai ter fácil Francisco. Ademais encontráronlle tamén outro pecado que consiste en caerlle ben á prensa “anticatólica”. Nun dos peores momentos da recente historia do papado, perdida xa aquela eperanza que espertara a figura de Xoán XXIII co Concilio, chegara Wojtyla, Xoán Paulo II, con ansias de conquistar o mundo cas suas incansables viaxes, discursos e presencia na Televisión.
Pero á hora de acercárselle a morte el mesmo se deu conta de que non fora ouro todo o que relucía. Triste e doído, recoñeceu que enchera os estadios e fora aplaudido, pero pasado o día acabábase todo.
A xente non voltaba á Igrexa. Francisco en cambio pensa que os cregos non deben cheirar á sacristía senón ulir á ovella, á do rabaño evanxélico. A misión dos cregos está no exterior, no medio da xente axudándolles a vivir xusta e humanamente.