Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Un 25 de xullo preñado de ilusión. Un día da patria noque se manifestar unitariamente. O día no que á cidadanía expresar que non hai máis límites que aqueles que nós mesmos decidamos. Unha marcha na que a multitude amosar, acompañada polos partidos, a forza dun povo que reaxena procura de solucións aos problemas de hoxe sen renunciar  a camiñar “... do Courel  a Compostela por terra liberada” en fermosas palabras de Novoneira.
Non puido ser. Máis unha vez, celebrarémolo  por separado. E Compostela encherase de voces, consignas e marchas que lle amosaran ao mundo un país plural, cheo de vitalidade  mais  tamén a unhas forzas políticas que non foron quen de se axustar  ás esixencias dunha realidade social extremadamente dura.
Ergo a mirada esta noite, véspera do día da patria. Mergúllome na inmensidade da  Vía láctea. O sete estrelo tremeluce desafiante. Ten de ser!