Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Buscando unha explicación para o problema de Megasa, non parace que haxa razóns para que un decreto gubernamental desestabilice a competitividade a favor dunha determinada empresa, baixando o prezo ao que máis consume, agás que houbese unha imperiosa necesidade dese consumo; e aínda así, sería máis lóxico baixar o prezo a todos por igual, sen caer nunha inxusta discriminación, dobremente inxusta por se tratar dunha enerxía que se produce maiormente en Galicia.
Se comparamos o consumo de enerxía co da auga, atopamos un contra-sentido, xa que no caso da auga, paga máis o que máis gasta.
Dixo o Sr. Rajoy, que o Estado de Dereito non admite chantaxes. Vale. Pero primeiro habería que demostrar que estamos en un Estado de Dereito, cousa moi dubidosa; e despois, aclarar por que se beneficia a unha determinada empresa, dunha determinada Autonomía, que ameaza cunha proposta independentista. Pode que non haxa chantaxe, pero o asunto cheira mal.