Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

A  derrota do PP na nosa cidade é a  da súa política de barbarie economicista,  de mentiras e  incumprimentos, de gradas baleiras do naval e paro rampante, de pobreza e desafiuzamentos, dunha política contra a vida das persoas; esa derrota  ten un nome propio na nosa cidade,  Ferrol en Común, ousadía feita de valentes persoas de ben que desafiaron a historia; e ten  un nome común, a unidade popular, esa ferramenta compartida para construír un país novo comezando polas cidades. A esquerda política estamos aprendendo a ler as novas emerxencias desta sociedade para responder cun programa básico común  feito de participación, dereitos e dignidade, con novas forma de organizarnos pola base para ampliar a democracia e propiciar o empoderamento da xente do común, e cunha intransixencia ética que desterre os negocios e as portas xiratorias  do quefacer dos cargos públicos. Gañadora unha candidatura de unidade popular, corresponde sumar forzas para  construír un futuro digno para as xentes desta cidade.