INOCENTADAS
on se ten certeza desde cando se celebran as fes-tas que están tendo lugar nestes días, se ben todo apunta a que –como en tantas outras cou-sas– se trata dunha adaptación relixiosa, dunha apropia-ción, probablemente indebida, de ritos similares de orixe pagá ó redor do solsticio de inverno. Tal día como hoxe a Igrexa católica celebra o día dos Santos Inocentes, ou dos Inocentes a secas, en lembranza da suposta matanza de ca-tivos pequenos ordenada polo rei Herodes para se librar do neno Xesús, presuntamente nado neses días en Belén, his-toria que non está para nada documentada. Nesta data, sen que tampouco se saiba moi ben por que, nin desde cando, é costume en España e en diferentes países que foron colo-nias españolas facer toda caste de bromas coñecidas como inocentadas. Inocente é quen as padece ou quen acredita en falsas noticias ou chismorreos diversos que se lle ocorren á xente do común ou que se recollen nos medios de comu-nicación. Recoñezo o meu desagrado polas bromas “pro-pias” deste día, aínda que non lembro ter sido vítima –se ben é probable que algunha vez o fose– nin sequera das máis comúns, como pode ser a de colgarlle un boneco re-cortado en papel nas costas a alguén. Do que si estou certo é de que nunca practiquei tales “divertimentos”. Se me poño a facer memoria sempre acabo por dicirme que iso é pouco menos que imposible. Nunca me foi o de ter que di-vertirme por obriga. Tódolos meus respectos, naturalmen-te, para quen o fai, con inocentes ou sen eles.Nos últimos días cadroume de ver dous documentos que, se cadra, ben poderían figurar nunha relación de bro-mas características do 28 de decembro (ou do 1º de abril, dos Poisson d’Avril, Pesce d’aprile, April Fools’ Day, Dia das Mentiras..., se nos saímos de ámbitos culturais de fala espa-ñola. O primeiro deles é un panorama electoral español elaborado polo P-LIB (Partido de la Liber-tad Individual), organización que, hai uns poucos meses, foi admitida pola In-ternacional Liberal como membro obser-vador. Internacional que, como é sabido, tivo como primeiro presidente a Salvador de Madariaga, coruñés, exministro da 2ª República exiliado e parente moi próxi-mo do tamén exministro do PSOE e Se-cretario Xeral da OTAN Javier Solana de Madariaga. Algo serio, pois, independentemente da afinidade que cadaquén poida ter con formacións políticas desa liña ideolóxica. Para o citado Partido de la Libertad Individual, Vox –unha escisión do PP, pola dereita– é un partido socialdemócrata; PP, PSOE, Ciutadans e UpyD son socialistas; os partidos na-cionalistas –sen falar de diferenzas entre eles– son opcións electorais de colectivismo etnicista; España 2000 e Falange Española, son neocomunistas; Izquierda Unida é comunis-ta e Podemos representa o comunismo soviético. Eles defí-nense como a única opción liberal. O outro é unha folla in-formativa do “Ropero” de Cáritas Interparroquial de La Coruña, con sede na rúa Reyes Magos, no que, xunto a un plano no que se indica a súa ubicación, se dá conta do hora-rio, 9 a 11 das mañás, e dos días de funcionamento, que son martes para “personas en general” e “jueves” para “gita-nos”. Semellan inocentadas, mais non o son en absoluto. E menos miñas, abofé. Por desgraza, aínda que teñan a apa-riencia de selo, tampouco son inocentadas o discurso de nadal de dona Dolores de Cospedal, a autopresentación de candidata á alcaldía de Madrid de dona Esperanza Aguirre, a aprobación da lei mordaza, a compra das instalacións de Fimo polo noso concello ou tantas outras cousas que nos parece mentira que puidesen chegar a pasar. E pasan.
