Alcaldías franquistas
A pretensión do PP de elexir aos alcaldes cun sistema maioritario cheira a vello e desvela o medo que asalta a este Goberno: están sos e nas vindeiras eleccións fan a conta de perder, porque non en van acometeron unha sistemática de violencia antisocial e antidemocrática que ameaza con provocarlles a perda de milleiros de alcaldías, nomeadamente aquelas cidades que foron vangarda un 14 de abril. Buscan figurantes para afogar a democracia municipal entre corrupcións e o ordeno e mando dunha nova lei local, que desfai os ámbitos e os recursos da autonomía municipal. A súa contrarreforma soñada, a que necesitan nos concellos é outra: consistiría en nomear os alcaldes e seleccionar aos concelleiros como facía o franquismo, designados dende o Ministerio da Gobernación, o de Fraga. Eles necesitan afogar á democracia con trampas legais, nós ensanchar nas loitas sociais o alento unitario dun programa alternativo co que liberar os concellos das súas cacicadas e recortes.
