Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Os representantes do pobo galego crearon por unanimidade, no 1984, a Crtvg como instrumento fundamental para a normalización lingüística, cultural e informativa deste país. No 1999, outro Parlamento, tamén unánimemente, encargoulle a función de axente mobilizador do sector audiovisual e das industrias culturais, que xeran un 2,5% do PIB galego.

¡Nestes máis de 25 anos, canda moita luz e novidades, existiron sen dúbida sombras e despropósitos na xestión da Radio e TV públicas de Galicia. Mais a Crtvg non se atopa na creba técnica do Canal Sur andaluz ou do Canal Nou valenciano. Nin resposta ao exclusivo desexo de contar cun altofalante gubernamental, como a Telemadrid que goberna a ultradereitista Esperanza Aguirre.

Xa que logo, a reforma lexislativa que promove o Goberno do Estado, que obrigará ao equilibrio orzamentario das TV autonomicas que continúen en réxime de xestion directa, non se lle debería aplicar á nosa Radio e TV públicas. Pero, asemade, constitúe unha violación in constitucional das competencias autonomicas. Porque crear unha radio e TV publicas é unha competencia exclusiva de Galicia, recoñecida no Estatuto. E, nese marco, temos dereito a definirmos se pagamos a nosa Radio e TV públicas con publicidade, a medio dunha contribución publica (de certo ponderada ao que esixan as circunstancias económicas) ou mesmo a unha taxa ou canon polo seu uso, ao xeito do Reino Unido.

Velaí como o PP estatal e, en xeral, a opinión madrileña amosan que non entenden a pluralidade do Estado e as singularidades galega, catala e vasca. Métanlle man ás TV de Madrid ou Murcia e deixen que os galegos gobernemos na RTVG.

A arrancadeira > NG Banco e o seu plan de recapitalización parcial teñen dous grandes inimigos: o gobernador Fernandez Ordoñez e o ministro De Guindos. Semella que MAFO quere regalarlle o nosobanco ao BBVA antes de marchar do cargo, en maio. E De Guindos quere activar a poxa de NG Banco o mes vindeiro. Castellano precisa de tempo para que desapareza MAFO da escea e Rajoy controle ao seu ministro. Terá Rajoy o valor e sentido común a facelo?

Se a totalidade do NG Banco vai á pública poxa o grande responsábel será Mariano Rajoy.