IMAXE
Resulta evidente a importancia da imaxe na sociedade actual. Esta é unha cuestión que frecuentemente trátase nun ton peyorativo. Son claros os aspectos negativos desta situación pero o certo é que eu aprendín a coñecer o mundo desde os preceptos que unha simple ollada ofrécenos e é por iso que reivindico a profundidade ética desta vía de información.
O ser humano contemporáneo é o máis complexo que existiu sobre a Terra. O nivel de información que se ve obrigado a xestionar cada día é enorme. Isto pode facerlle parecer máis frívolo pero a verdade é que non pode dedicar moito tempo a cada idea e é por iso que triunfan aqueles que son capaces de condensar a mensaxe de forma extrema. Non é unha cuestión de falta de discurso, é enorme a cantidade de intencións que encerra un simple xesto. O gran éxito de AGE, ao meu entender, é cambiar ou reinterpretar vellos parámetros políticos..., na imaxe tamén.
