Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

O déficit autonómico galego acadou no 2011 o 1,6% do PIB, bastante lonxe do 1,3% de obxectivo máximo sinalado polo Goberno ZP. Malia isto, constitúe o segundo mellor rexistro no nível estatal, despois do Goberno madrileño que preside Esperanza Aguirre: sobrefinanciado (coa nova lexislación definanciamento autonómico que aprobou Feijóo). neocom e campión dos recurtes fiscais.

Qué custos tivo para a cidadanía galega este discreto déficit? Nin máis nin menos ca o deterioro visíbel e agravado día a día dos servizos públicos (servizos sociais, sanidade,educación) e a acelerada perda de emprego autónomo e por conta allea, por mor da absoluta inactividade da Xunta no que atinxe á promoción económica.

Cando o certo é que tiñamos, no 2008, un plus de resistencia (sermos menos sensíbeis á construción de segundas residencias e máis exportadores).

Fronte estas evidentes feblezas do Goberno Feijóo e fronte á súa falla de proxecto de País a oposición do BNG e do PSdeG non é quén de visualizar unha alternativa. O BNG decidiu nos seus últimos dous Congresos (2009 e 2012) definir unha política que só resposta aos intereses e necesidades de determinados sectores sociais, afastándose da transversalidade e da centralidade. No PSdeG rexurden as pulsións municipalistas e grupalistas, que ficaran silentes no tempo de liderado de Touriño. Hoxendía os socialistas non teñen proxecto de País e o do BNG é parcial e non comprende a evolución sofrida pola sociedade galega (unha nación europea que partilla moitos máis problemas con Irlanda ou Bretaña ca con Venezuela ou Cuba).

Velaí que haxa politólogos que albisquen a viabilidade dunha outra forza galeguista que sexa quén de ofrecer un proxecto de País integrador para case todos os sectores sociais e que naza da reivindicación da forza da sociedade civil e da comprensión das remudas sofridas pola Galicia moderna.

Mais os seus promotores farían ben en evitar reproducir esquemas organizativos e “tics” políticos existentes na política actual. Porque, de non nacer de alicerces novos e non se dirixir a competir electoralmente con todas as forzas dende a centralidade política, esa opción “non nata” sería outra vaca no millo.