Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Comezou a semana coa nova da morte de Alfredo Di Stéfano un dos mellores  xogadores de fútbol que houbo no mundo desde que se teñen noticias deste deporte, isto é, de sempre. Escribo estas liñas coa mente chea de imaxes da semifinal que antonte disputaron as seleccións de Holanda e Arxentina, con máis que merecida homenaxe de lembranza no comenzo do match. Arxentina, ademais, xogou con braceiras negras, pois o ídolo xogou coa selección do seu país de nacemento e mesmo gañou unha copa de América con ela. Non tiven a sorte de velo xogar en vivo, mais si en directo a través da televisión, cando xa estaba no seu ocaso e aínda así... Sempre lembrei o seu secuestro en Caracas  por un grupo político armado que o único que buscaba era publicidade mundial da súa oposición ó partido gobernante. E conseguíuna sen lle facer mal ningún. Hoxe, é curioso, as cousas son doutro xeito. Mais se hai algo que semella clarísimo é que a dianteira Kopa, Rial, Di Stéfano, Puskas e Gento non se ten borrado das mentes que nunca torceron polo Real Madrid. Aí estaba o dono de “la vieja”.