VIOLENCIA PATRONAL
Acontece decote en vilas e cidades, todos os días, de xeito brutal ou de maneira soterrada, sempre aproveitando a desigualdade de forzas entre o patrón e as persoas asalariadas, que venden a súa forza de traballo por un xornal; acontece unha vaga de violencia material e simbólica que adquire diversas formas: alongamento da xornada, intensificación dos ritmos de traballo, impago de horas extraordinarias non declaradas, a chantaxe da rebaixa do salarios, o fraude na contratación temporal, as insuficiencias na seguridade no traballo, ou descolgamentos dos convenios e acordos (como xa fan algunhas auxiliares en Navantia). As reformas laborais PPSOE foron unha sorte de golpe de Estado laboral. O último informe da inspección de traballo é revelador de canto se aproveitan da necesidade de traballo da xente. Urxe reforzar a inspección de traballo (temos menos da metade de inspectores que a media europea), e elaborar un plan de urxencia para defender á clase traballadora da violencia e fraude patronais.
