Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Qiu Xialong, escritor chinés afincado en EEUU, pon en boca do seu personaxe, o inspector xefe Chen Cao, que cando o ficticio é real, o real é ficticio e que onde non hai nada hai de todo. Unha boa aportación a una realidade política que semella querer facernos comulgar con rodas de muiño coincida ou non coa realidade que todos soportamos.

En datas recentes, Rajoy “autoimpuso” en Bruxelas a flexibilidade na reducción do déficit acordado para España, pero sen ampliar os prazos de devolución, o que significa que pagaremos moito o vindeiro ano en lugar de pagalo neste. E adoptou pose exitosa, de facer o que lle parece sen consultar coa UE. Uns días despois, o semimariscal Montoro (a outra metade é De Guindos) advirte ás comunidades autónomas de que nada de pedir flexibilidades que, de facelo, suporía evidenciar una falla de confianza e credibilidade nas súas propias posibilidades como territorio.

Unha vez máis a teoría do embudo. E o PP, que goberna ata nas comunidades de veciños, pecha filas cunha disciplina espartana e onde antes pedía reparacións e débedas históricas, agora non pide nin que lle paguen o taxi, e saen da xuntanza ledos, con sorrisos e encantados de terse coñecido. Pero co discurso aprendido, ese que o estribillo repite o da herencia recibida, sin ter en conta que moitas comunidades e concellos levan moitas lexislaturas sendo populares. Cando o ficticio faise dono do real tan só queda agardar que o tempo sexa breve e que teñamos un mástil a man para soportar mellor a travesía.