ARCHITECTÓNICA PERSPECTIVA
Que nome para unha cuncha! Todos os malacólogos aficionados cando a tivemos por primeira vez nas nosas mans experimentamos unha especie de ensimismamento temporal coa súa fisionomía.
A maioría dos gobernos locais do país –os da vila tamén– sufriron esa obsesión, no seu caso con carácter permanente co urbanismo: inmobiliaria arquitectura.
Cedeira agora xa non se vende como o lugar ideal para a segunda vivenda, e o peor de todo, coas circunstancias actuais a moita xente xa non llo parece nin para a primeira.
Mais algo parece estar mudando no concello. Non sabemos si é unha redención ou unha reacción ante o próximo traspaso de competencias dos servizos sociais municipais ás comunidades autónomas. Nós non imos xuzgala antes de nacer, tempo teremos para analizar os seus principios e accións. ¿A creación dunha fundación suxire unha aposta por una verdadeira social perspectiva?
