Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Semana importante na miña organización. O sábado celébrase a XI Asemblea Nacional, seguramente unha das máis importantes da nosa historia. O certo é que Esquerda Unida soubo entender as demandas de unidade dunha boa parte da cidadanía e converteuse nunha ferramenta básica para conseguir formar unha fronte conxunta de distintas correntes ou sensibilidades da esquerda real existentes no noso país.
Toca agora reflexionar sobre o ocorrido e mostrar valor e decisión ante a posibilidade de profundar no proceso aberto. Moitas son as expectativas e a verdade é que son importantes todas estas cuestións internas pero, como di un bo amigo, a vida está fóra. No mundo que nos rodea perdemos está semana pasada a Álvaro, compañeiro e colaborador inseparable do escultor Manuel Patinha. Os que o coñecemos sabemos da súa importancia na vida e a obra do creador. Un recordo para el e unha aperta para o noso artista.