Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Semella que a historia da humanidade é unha historia de cambios e crises que se producen dentro dun movemento evolutivo sen fin. Eu non sei se son os cambios os que producen as crises ou se é ao revés, mais os cambios e as crises, sucédense uns aos outros, como as onda do mar, ás veces suaves e ás veces violentas.

Ultimamente fálase da crise da familia e hai quen culpa desa crise á lei que permite o matrimonio dos homosexuais. Eu non acabo de ver de que xeito pode afectarlle ao meu matrimonio ou á miña familia, o feito de casaren dous homes ou dúas mulleres.

Resulta sorprendente que os máis feros detractores desa lei fagan alarde da súa condición de católicos, sen se decatar que poñen de manifesto a súa carencia de caridade cristiá. E ademais ¡defenden as escolas sexistas, que separan as nenas dos nenos!

Eu xa non entendo nada, porque din que Xesús dixo: “amaos los unos a los otros”. E que se saiba, non especificou que fosen “os uns ás outras”.