SPRINT
Velocidade é o signo do noso tempo. Preséntase este verán como unha preparación do longo sprint que rematará nas eleccións locais do próximo ano. Non cabe xa sorprenderse da rapidez coa que cambian os escenarios políticos na nosa contorna. As dúas últimas citas electorais foron boa mostra diso. En calquera carreira de certa distancia a recta final non é máis que a consecuencia do que se desenvolveu previamente, das apostas estratéxicas tomadas. Sempre hai erros ou suceden cousas inesperadas, os rivais non sempre se comportan como un espera ou aparecen novas figuras coas que non se contaba antes da competición. É neste momento onde non se debe dubidar, hai que ser flexibles pero valentes, as apostas abertas, as diferentes, son as que teñen premio. Levamos tempo preparándonos para alcanzar unha unidade que permita un goberno distinto en Ferrol. Tomemos aire, unha pequena reflexión, forza e sorte.
