Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Regresou a tradición galaica de ensinar aos nenos na casa en vez de levalos á escola. O malo de estar integrados no Reino é que este modelo educativo é delito e calquera parella de pais, nais ou mixta convértese en delincuente é visitada por outra parella, esta vez uniformada e de verde, cunha citación xudicial acusada de graves males contra a infancia, abandono filial e quen sabe cantas máis culpabilidades.

Antes de que aos galaicos lles dese por ser universitarios, o cal xa era unha obriga porque había máis facultades ao lado de casa que centros de ensino primario

Neste momentos de recortes económicos no ensino e estudo de suba das taxas xudiciais habería que animar aos responsables filiais a que os cativos estivesen aprendendo na casa, tal e como se fixo durante séculos nestas terras até a chegada da EXB, alá por 1970. Total o mesmo que había que coñecer naquelas épocas vén sendo o mesmo que se inclúe no currículo por estas datas. Uns pais un pouco preocupados ensinarán aos seus fillos nunha ano as materias que vai a aprender na escola nun ciclo e sen gasto para o Estado e con grande aforro familiar en libros e vestimenta infantil.

Antes de que aos galaicos lles dese por ser universitarios, o cal xa era unha obriga porque había máis facultades ao lado de casa que centros de ensino primario, aos rapaces tipo Balbino con aprender as catro regras e identificar uns garabatos pintados nun papel xa era máis que suficiente, para o futuro que tiñan naquela época o tempo investido no coñecemento era máis unha perda. Aos poucos anos de vida, un galaico só tiña tres camiños laborais: o traballo na terra, no mar ou no estranxeiro. Algúns máis afortunados, por viviren cerca dunha factoría, poderían entrar de aprendices de calquera oficio, pero aínda así, o neno pouco máis futuro tiña que entrar a formar parte da man de obra barata.

O caso dos pais de Castro Caldelas que se ven acusados de abandono filial por no levar o fillo á escola obrigatoria debería ser visto como algo natural e non como causa penal. O mesmo que se anima ás nais a parir na casa, sempre que non haxa complicacións para a saúde, tamén se debería impulsar que os pais ensinen aos seus fillos no recinto familiar sen que aparezan pola porta unha unidade de asalto de gardas civís.

Calquera pai ou nai ou avoa se vai atrever agora a explicarlle o teorema de Pitágoras ou o concepto da paralaxe a un neno que chegou da escola sen ter moi clara a natureza da construción sintáctica ou a química de partículas sen ter medo de incorrer nun acto penal. Non sei se existen aínda as chamadas pasantías ou clases particulares fóra do horario escolar, que non son máis que a realidade palpable do fracaso escolar cando se fai uso delas para aprender o mesmo que explicaron na aula unhas horas antes. O Estado non coñece tan ben aos seus súbditos como os propios pais para ensinar mellor.