Terra da fraternidade
Pese a contar co control da radio, da televisión, da prensa e da igrexa, a pesar da policía secreta PIDE e do terror, a ditadura salazarista herdada por Marcelo Caetano, caía en Portugal o 25 de abril de 1974. A coñecida como Revolução dos Cravos, impulsada polo Movimento das Forzas Armadas, liderado por un grupo de xovens capitáns, acababa tamén cunha guerra colonial, que arruinaba humana e económicamente o país e devolvía aos portugueses e portuguesas os dereitos e liberdades fundamentais dun Estado de dereito democrático.
Xa que logo, mañá, a terra da fraternidade que cantaba Zeca Afonso, está de aniversario dun acontecimento que fixo virar a historia portuguesa do século XX. O 25 de Abril é sinónimo de liberdade, máis a liberdade como as plantas e as flores, acaba por murchar se non a regamos con frecuencia. Moito máis en momentos críticos como o actual. 25 de Abril, Sempre!
