PURA VIDA
Unha manifestación a ritmo de pancarta dá para moito pensar, a do naval, ademais, foi moi numerosa, lenta e longa. Todo é vida, pura vida, coas súas propias lóxicas non sempre claras pero imparables. A práctica política en calquera das súas formas irrompeu con forza nas nosas existencias e fíxoo ademais dunha forma moi emocional. Como non teño unha gran tradición séntome cómodo cando a partida xógase a flor de pel. A paixón ten unha regra fundamental, hai que alimentala, unha vez morta non se pode revivir.
Din, e seguramente teñan razón, que non se pode manter eternamente, pero todos sabemos que eses son os momentos que marcan o noso camiño de forma definitiva. Unha esquerda mestiza, dicía Yolanda Díaz o outro día, froito do desexo de atoparse e confluír. Unha esquerda que sexa esquerda, que prolongue o romance cunha cidadanía desencantada que non é estúpida, simplemente ten memoria.
