CAMBIO... QUÉ CAMBIO?
Camiñaba arrastrando os pes. As beirarrúas estaban ateigadas. Detívose nun portal para protexerse da chuvia. Preguntábase en que momento todo comenzara a ir mal. Cál fora o mecanismo que accionou esta caída constante que estaba acabando coa vida que, pensou, tiña canalizada e asegurada para sempre.
Pasou de ter traballo, unha familia despreocupada, expectativas, un piso con hipoteca e un coche do que ainda lle faltaban 6 letras por pagar. Protestaba polos impostos, pero entendía que os esforzos colectivos permitían garantir piares básicos. Agora, o seu fillo maior chegaba a universidade, e deulle terror pensar que non podería pagarlle a carreira. Levantou a cabeza e na porta dunha obra, un cartel cun Rajoy moi sorrinte pedía Súmate ao cambio. E lembrou aquelas promesas fáciles, onde todo ía ser chegar e encher. Aquelo de que o cambio xeneraba confianza e os mercados deixarían de abusar. Dende aquelas horas de sopor colectivo a estos lodos. Daquel ¡sabemos o que hai que facer! á contradicción permanente e os sablazos. Cruzou a rúa. Sen mirar. Os claxons dalgúns coches recrimináronllo. Achegouse ao cartel e arricouno sen miramentos. Fixo unha bola co papel e arrouxono no contedor da obra. Un obreiro de casco amarelo pasou sen deterse. Unha señora recriminoullo: ¡Sinvergonza!
